federación de asociaciones
ibéricas de compositores
 Acceso miembros
Jesús González
Jesús, González
Currículum
Comeza os estudos musicais no Conservatorio de Música de Vigo prosiguiendolos na cidade de Barcelona. Realiza cursos e masterclass de composición cos mestres Salvatore Sciarrino, Tristan Murail, Magnus Lindberg, Jonathan Harvey, Philippe Hurel, Sylvano Bussotti, Georg Friedrich Haas, Daniel Teruggi, Manuel Rodeiro, José Manuel López López, David del Puerto e Leonardo Balada.

Foi seleccionado e bolseiro no VII Curso Internacional de Música de Torroella de Montgrí, impartido por profesores do Royal College of Music de Londres, onde tivo lugar a composición e a estrea da súa obra Sen título, para dúas trompetas, oboe, viola e percusión; baixo a súa propia dirección.

En Francia estreou o seu concerto para frauta e ensemble Céret obra dedicada á concertista Arlette Biget, a cal interpreta a parte solista e sendo dirixida polo propio autor.

No Auditorio Martín Codax do Conservatorio Superior de Música de Vigo, estreou a súa obra espacial Crisis para dúas recitadores e catorce instrumentos, co grupo creado e dirixido polo autor Aticus 16

No Teatro Principal de Pontevedra estreou Non Ferro do Rail obra encargo da Orquestra de Cámara de Pontevedra para o 1º ciclo de Lieder para voz solista e orquestra.

Nas X Xornadas de Música Contemporánea de Santiago de Compostela, estreou as súas obras acariño a túa calma para trío e a súa obra espacial para grupo instrumental só (obra encargada pola Deputación de Pontevedra) e interpretadas polo Ensemble CGAC no Auditorio do Centro Galego de Arte Contemporánea.

No Palau da Música de Valencia estreou Spectro I obra encargo do Cuarteto de Saxofones de Galicia para o XI Congreso Mundial de Saxofón.

No Auditorio Caixavigo estreou a súa obra para frauta e electrónica Camiñar 7.3 obra encago da compañía de danza contemporánea Dobre Xiro para o espectáculo 400 ASA, co cal realizaron unha xira polo territorio galego.

No Auditorio dá Universidade de Santiago estreou a súa obra para frauta e piano O Longo Camiño de Santiago

No Auditorio Caixanova de Vigo estreou a súa obra por encargo da Fundación Laxeiro Gregorianus 1 en Si b

No Auditorio da Escola de Altos Estudos de Santiago estrea Und dás Lied bleibt schön. Lied para 2 saxos baixos.

No Auditorio ArteriaNoroeste de Santiago estrea Dúo. Lied II e Lied II+Percusión, obras encargados polo ensemble Fonos21.

No II ciclo de música de cámara Galegos Hoxe! estrea Señales-Trumpet para trompeta sola e o Trío para violín, cello e piano.

No VIII Festival de Música Española de Cadíz estrea Gregorianus 2 para saxo e piano.

A súa obra para orquestra sinfónica Aquaeductus foi finalista por unanimidade no IV Concurso Internacional de Composición Andrés Gaos.

Como director tamén estreou a obra para recitador e ensemble Intempériome con texto de Xela Arias e música de Antón Pulido.

Realizou Dispositivo Electrónico en concertos co compositor Magnus Lindberg e o Ensemble CGAC; co compositor Alexander Mihalik e o saxofonista Andrés Gomis; co pianista Juan Pablo Arias, co violinista Ben Kreit, co saxofonista Pablo Coello e co percusionista Cesar Peris.

Foi coordinador do Departamento de Música do Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago durante os anos 1996/97/98.

Director e conferenciante do Ciclo de Música de Cámara Galegos Hoxe! celebrado no Auditorio de Vilagarcía durante os anos 2009 e 2010.
Contacto
El compositor no dispone de información de contacto adicional.
 
Federación de Asociaciones Ibéricas de Compositores
Pg. Colom 6 · Espai IV
08002 · Barcelona

Tel. 93 268 37 19
Fax 93 268 12 59
© 2013 Federación de Asociaciones Ibéricas de Compositores