federación de asociaciones
ibéricas de compositores
 Acceso miembros
Xavier Comesanha Pereira
Xavier, Comesanha Pereira
Currículum
Xabier Comesaña Pereira nado o 27 de maio de 1968 en Bremenhaven ( Alemania).

A súa formación musical tivo lugar en distintos conservatorios como o Superior de Vigo, Superior da Coruña, Superior ' Amigos do Pais' de Santiago de Compostela, Superior de Coimbra, Escola de Altos Estudios de Oporto, Conservatorio profesional ' Manuel de Falla' e actualmente na escola de altos estudios musicais de Santiago de Compostela, dónde segue a traballar a composición da man do mestre D. Antón García Abril.

Durante a súa formación que comenza da man de D. Xose Iglesias Ramilo, traballou de forma continuada e participando en cursos de perfeccionamento con distintos Mestres como Celso Otero, Pedro Iturralde, Francisco Martínez, Narciso Pillo, Jean Pennings, Daniel Deffayet, Jose Susi, D. Miguel Sacristán, D. Rogelio Groba, Pedro Pinfano, Michael Douglas, The Rascher Quartet, Maximino Zumalave, Georgui Fedorenko, The Ámsterdam quartet

Comenza os estudios musicais ós 11 anos na Banda de Música ' Unión Musical de Valladares'. A vocación pola dirección de bandas e corais ponse de manifesto ós 17 anos, formando a Coral infantil ' Velaivai' do C.P. de Valladares e a ' Banda Escola de Música de Beade', no ano 1985, que dirixe ata o ano 1992. Funda e dirixe tamén o Coro infantil do C.S.C.R. de Beade. Foi cofundador do cuarteto de saxofóns 'Sax Disonanti'.Formou parte da coral polifónica de Valadares cantando na mesma de barítono, e da orquestra de cámara de Vigo actuando como percusionista.

Dentro do campo da dirección actualmente ocúpase da Banda Municipal da Estrada, a Coral polifónica Estradense, a Coral polifónica de Soutomaior e a Orquestra do Conservatorio profesional de música da Estrada.

Graba o seu primeiro L.P. coa Banda Escola de Música de Beade. No ano 1994 graba un C.D. coa Banda Municipal da Estrada con motivo do seu 125 aniversario. Con esta agrupación e coas corales Estradense e de Soutomaior, realiza varias grabacións para a televisión galega así como para a radio autonómica. No ano 1997 graba coa coral de Soutomaior o disco titulado '….por eso meu carro canta' . No ano 1999 graba coa Banda Municipal da Estrada 'Troulada en Bos Aires'. En Decembro de 2003 a RTVGA realiza en directo o concerto de Ópera e Zarzuela que foi interpretado conxuntamente polas corales de Soutomaior e Estradense e con acompañamento da Banda Municipal. De esta grabación editouse un disco chamado ' Concerto de Ópera e Zarzuela' No ano 2009 sale a luz un segundo C.D. grabado en directo titulado ' Coros de Zarzuela'. No ano 2010 sale a luz un C.D. da coral polifónica Estradense interpretado a capella e con repertorio galego, chamado ' Cen Anos Hai'.



No terreo da composición caben destacar os seguintes pasodobles: ' Beade', ' Ken Keirades' ' Xacobeo 99'. Tamén no aspecto vocal ten obras como ' Tembra un neno no Pórtico Húmido' letra de Rosalía de Castro, ' Cantar do berce', etc. No ano 2003 compón ' Homenagem a Bartók Béla', obra sinfónica estreada pola Orquestra Sinfónica de Viana do Castelo. No ano 2004 acaba 'Miniaturas sinfónicas' obra para orquestra. Tamén no ano 2004 estrease ' Suite Galaica' obra composta para formación bandística e que foi peza obrigada no IV CERTAMEN PROVINCIAL DE BANDAS DE MÚSICA que organiza a Excma. Diputación Provincial de Pontevedra. No terreo de música de cámara compuxo ' Estampa Andaluza' e ' Fantasía', obra que se estreará a principios do ano 2007 baixo a Dirección do mestre Maximino Zumalave. Tamén pon música o certame galego de Xóvenes solistas 'José Valcarcel', con unha obra de cámara para instrumentos de vento e piano titulada ' José Valcarcel'. No ano 2010 faise estrea de Nouturno, obra para orquestra de cámara e frauta solista. Tamén neste ano o cuarteto de corda 'Saiva Nova', graba o primeiro cuarteto de corda chamado ' Plenilunio'

Recibiú o premio ' San Martiño' no 1998 polo seu labor no campo da normalización lingüística e o premio ' Avelina Valladares' no ano 2004 en recoñecemento ó seu traballo en prol da cultura galega. No ano 2008 concédenlle o 'Salmón de Ouro', máxima distinción que outorga o Concello Estradense
Contacto
Puede contactar con el compositor a través de los siguientes medios :
 
Federación de Asociaciones Ibéricas de Compositores
Pg. Colom 6 · Espai IV
08002 · Barcelona

Tel. 93 268 37 19
Fax 93 268 12 59
© 2013 Federación de Asociaciones Ibéricas de Compositores