federación de asociaciones
ibéricas de compositores
 Registered Users
Xoán Antón Vázquez Casas
Xoán Antón, Vázquez Casas
Currículum
Xoán Antón Vázquez Casas. Nado en Ourense en 1964, comenzou seu estudios musicais no Seminario de Ourense, para proseguir nos conservatorios de: Ourense, Barcelona, Santiago (profesor superior de solfexo), Madrid (estudios de dirección de orquestra e coros) e Vigo (profesor superior de composición).
Despois de dirixir varias corais (Coral 'Renfe' de Monforte, entre outras), pasa a dirixir a rondalla-coral 'Alecrín' da Troya no ano 2004.
Dende novembro de 2009 é director da 'Coral De Ruada' de Ourense.
É profesor de Fundamentos de Composición no Conservatorio de Ourense dende o ano 1997.
Pertence a Asociación Galega de Compositores dende o ano 2002, onde ven estreando obras con regularidade.
É director, organista e tenor do 'Cuarteto Adagio'.
Foi profesor da escola de música 'Voces e cordas' de Sobrado do Bispo (Barbadás – Ourense).
É organista da Capela do Santo Cristo da Catedral de Ourense.
Ten sido galardoado no concurso de composición coral 'Cidade de Vigo' 2001.
Seu catálogo compositivo abrangue máis de 200 obras, comprendendo: obras sinfónicas, banda, música de cámara (dúos, tríos, cuartetos, quintetos e sextetos, para variadas combinacións instrumentais), música coral (a 4, 5 e 6 v. m., e tamén v. i.) e solista (piano, guitarra, órgano, etc.).
En xuño de 2009 deu un concerto de piano no Teatro Principal de Ourense, a beneficio da Sociedade S. Vicente de Paúl, con obras do seu fundador, Santiago Masarnau.
Contact
The composer has not given any additional contact information.
 
Federación de Asociaciones Ibéricas de Compositores
Pg. Colom 6 · Espai IV
08002 · Barcelona

Tel. 93 268 37 19
Fax 93 268 12 59
© 2013 Federación de Asociaciones Ibéricas de Compositores