federación de asociaciones
ibéricas de compositores
 Acceso miembros
José Javier Ces Calvo
José Javier, Ces Calvo
Currículum
Nace en Taragoña-Rianxo no 1966. Da man de seu pai comeza a estudar música á idade de dez anos na Banda de Música do Centro Cultural e Deportivo de Taragoña; prosigue a súa formación no Conservatorio da Real Sociedad Económica de Amigos del Pais en Santiago de Compostela, acadando o Título Superior de Tuba–Bombardino, o Medio de Trombón e o sexto curso de Piano (todos do Plan 66). Ó mesmo tempo perfeccionábase na Escola Sta Cecilia de Madrid, co mestre Enrique Ferrando Sastre (trombonista da Orquestra Nacional de España), e asistía a distintos cursos de formación relacionados coa música. En 1992 acada por concurso-oposición a praza de Bombardino na Banda Municipal de Santiago de Compostela. No curso 94-95 obtén pola Universidade de Santiago de Compostela o Certificado de Aptitude Pedagóxica.
Exerceu de profesor no Conservatorio Profesional de Música do Concello de Arzúa, e na Escola de música do Concello de Santiago de Compostela. Foi director da Banda de Música de Arca (O Pino), e da Banda de Música de Arzúa. Colaborou con diversas bandas de música da nosa Comunidade, e tamén coa Xoven Orquestra de Galicia.
Realizou composicións para distintos grupos instrumentais que abranguen dende:
-música de cámara: Arrolo e Pingueiras (para fagote e piano), Morno (para cello e piano, con adaptacións para bombardino e tuba) , ...
-música para conxuntos instrumentais: Aasramojad Ainofatnep (para opteto de vento e percusión), estreada polos alumnos da Escola de Altos Estudos Musicais.
-música para banda : Saraldara (balada-muiñeira, estreada pola Banda Municipal de Santiago), Taragoña (P.D.), Arzúa (marcha), Neixón (Fantasía).
-música para orquestra sinfónica : Hipófisis (fantasía), estrada pola Banda da Federación Galega de Bandas de música
Asimesmo, formou parte do grupo de traballo 'Potenciación da música galega', que a Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais da Xunta de Galicia organizou para a composición de obras de música axeitadas aos novos currículos dos graos Elemental e Profesional.
Sinalar que é membro da Asociación Galega de Compositores e da SGAE.
Na actualidade prosegue a súa formación na Escola de Altos Estudos Musicais, dependente da Xunta de Galicia, nos cursos de composición que imparte o mestre Antón García Abril e tamén asiste as clases-conferencia de análise co mestre José Luis Turina e armonía moderna-jazz na Escola Estudio, impartidas polo mestre Suso Atanes.
Contacto
El compositor no dispone de información de contacto adicional.
 
Federación de Asociaciones Ibéricas de Compositores
Pg. Colom 6 · Espai IV
08002 · Barcelona

Tel. 93 268 37 19
Fax 93 268 12 59
© 2013 Federación de Asociaciones Ibéricas de Compositores