federación de asociaciones
ibéricas de compositores
 Acceso miembros
Risardas Biveinis
Risardas, Biveinis
Currículum
Risardas Biveinis chegou a Galicia en 1999 deixando tras de se unha importante traxectoria compositiva no seu país natal. Naceu en Lituania en 1956; entre 1962 e 1974 estudiou piano no Ximnasio de Belas Artes de Lituania, en Vilnus, a capital deste país; nesa data ingresou no Conservatorio Tchakovski de Moscú onde estudios de piano con T. Nikolayeva, acadando en 1979 os títulos superiores de Piano, Pianista Acompañante e Concertista. En 1986 obtén o título superior de Profesor de Harmonía, Contrapunto,
Composición e Instrumentación, materias que cursa no Conservatorio Superior de Lituania, centro ao e incorpórase ese mesmo ano de 1986, como profesor de piano e acompañamento. En 1991 acada o cargo de Subdirector do Centro de Educación Musical de Lituania e pouco despois, en 1993, convértese en Decano da Facultade de Piano e Musicoloxía do Conservatorio Superior de Música de Lituania, cargo que exerceu ata o seu traslado a Galicia en 1999.
Dende o establecemento da súa residencia no noso país, traballou como profesor de piano en diversos centros privados e públicos de Vigo e Santiago, ingresando os seus alumnos posteriormente no Conservatorio Superior de Barcelona e no Mozarteum de Salzburgo, e galardoados asimesmo en varios concursos nacionais e internacionais,entre os que se atopan o 'Ricard Viñes', o 'I Concurso ASGAIM', o 'María Campina' (Portugal), 'A Step Towards Mastery' (San Petersburgo), etc. Actualmente é profesor
do Conservatorio de Redondela (Pontevedra).
Como pianista solista e acompañante ofreceu recitais en Alemaña, Cuba, España, Estados Unidos, Finlandia, Hungría, Inglaterra, Israel, Portugal e Rusia, sendo habitual a incorporación das súas obras no programa dos mesmos. A meirande parte do seu repertorio consérvase nos arquivos sonoros da Radio Nacional Lituana.
No eido da composición ten no seu haber varios galardóns ('Concurso Internacional de Composición de Moscú' en 1984 e 1986; 'Concrso W. Lutoslawski de obras para piano' 1994), e publicou na editorial xermana Karthause-Schumulling e antes do seu establecemento en Galicia o Cuarteto de corda (1985), composición que abre o seu catálogo, e a Sonata para piano 'segundo cadros de Pablo Picasso' (1989), unha das máis representativas do seu estilo. Ambas obras responden á tendencia
ecléctica, prevalecendo nelas a estética neomodal sen renunciar a procedementos seriais e aleatorios.
Ata este momento o seu catálogo incluía tamén dúas obras para piano e orquestra, agás de obras orquestrais e de cámara para diversas formacións, ata un total de 12 títulos realizados entre 1985 e 1995. Segue un período de silencio compositivo que coincide coa súa égira ata o finisterre europeo. Una vez establecido en Galicia regresa á actividade compositiva, incorporando ao seu linguaxe elementos da nosa música de tradición oral. Así ocorre nas súas obras realizadas dende 2007 entre as que
figura Variacións sobre a muiñeira de San Paio para contrabaixo e piano.
Contacto
El compositor no dispone de información de contacto adicional.
 
Federación de Asociaciones Ibéricas de Compositores
Pg. Colom 6 · Espai IV
08002 · Barcelona

Tel. 93 268 37 19
Fax 93 268 12 59
© 2013 Federación de Asociaciones Ibéricas de Compositores